CONCURSO | ICARUS26_USC

DESCRICIÓN:

Tes o teu traballo de fin de grao, máster ou a túa tese de doutoramento pechada nun cartafol? É hora de darlle unha oportunidade de brillar!

O programa ICARUS 26, organizado pola AVTE da USC , busca premiar a aqueles e aquelas que pensen en como o seu coñecemento pode axudar a resolver os retos reais da nosa sociedade.

💰 Que podes gañar?

 Hai premios en metálico para cinco categorías diferentes (Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, e Enxeñería e Arquitectura):

  • Primeiro premio: 800€
  • Segundo premio: 400€

📝 Podes participar se: 

  • Defendiches o teu traballo na USC nos dous últimos anos académicos (antes do 21/04/2026).
  • Tes, como mínimo, unha cualificación de Aprobado
  • O teu traballo non foi premiado en edicións anteriores de programas similares 

⏳ Non deixes que se che pase o prazo!

Tes ata o 30/04/2026 para facer a túa inscrición.

Se tes calquera dúbida, podes contactar co equipo da AVTE en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou chamar o 8881815526 e escribir a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Anímate a participar e dálle valor ao teu esforzo! 💪

Descargar Bases da Convocatoria

Máis info e redes sociais: 🌐 Web da AVTE 📱 @avte_usc 

Máis información