Calidade

Neste apartado inclúese a información relativa ao ciclo de verificación, modificación, seguimento e acreditación do título. Os resultados máis relevantes do programa poden consultarse no informe de indicadores correspondente á renovación da acreditación.

Documentación Verificación do título

Seguimento 2018 Renovación da acreditación 2021

Sistema de garantía de calidade

O Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa é un título interuniversitario que se ve afectado por distintos procedementos que proveñen dos sistemas de garantía de calidade das tres escolas de doutoramento, aínda que os procedementos xerais de seguemento e renovación da acreditación do título son responsabilidade da universidade coordinadora. Aínda que os sistemas son similares, na medida que o seu deseño responde ás directrices Fides-Audit, sí existen diferenzas destacables en procesos de apoio. Inclúense a continuación ás ligazóns das tres universidades participantes no programa.

Presentación

A Estatística e a Investigación operativa son hoxe de gran importancia como parte das matemáticas e como disciplinas necesarias para a comprensión e o avance doutros campos do saber como a Economía, a Enxeñería, a Biomedicina ou as Ciencias Ambientais, entre outras. Este Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa pretende proporcionar unha sólida formación no ámbito da Estatística e da Investigación Operativa, capacitando ao noso alumnado para adaptarse ás necesidades da sociedade actual. Así mesmo preténdese fomentar a formación continua dos profesionais na área da Estatística e a Investigación Operativa.

Este Programa de Doutoramento nace da colaboración ao longo dos anos dos distintos grupos de investigación en Estatística e Investigación Operativa das universidades públicas de Galicia. Unha colaboración que se materializou inicialmente nun Programa Oficial de Posgrao Interuniversitario en Estatística e Investigación Operativa que gozou de Mención de Calidade e logo continuada co Master Interuniversitario en Técnicas Estatísticas e co Programa de Doutoramento. Este é o único programa destas características no Sistema Universitario de Galicia, e un foco atractor de novo alumnado da nosa contorna nacional e internacional (Norte de Portugal e Iberoamérica). Ademais, a participación dos grupos que auspician o programa en redes temáticas europeas, permite ao noso alumnado completar a súa formación predoctoral, e en moitos casos iniciar a súa etapa postdoutoral, noutros centros internacionais de prestixio.

  • Destinatarios do Programa de Doutoramento interuniversitario en Estatística e Investigación Operativa:
       Alumnado con título de máster ou equivalente, que desexen formarse como doutoras/é en Estatística e Investigación Operativa.

  • Universidades que o organizan
       1. Universidade de Santiago de Compostela (coordinadora). Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización.
       2. Universidade de A Coruña. Departamento de Matemáticas.
       3. Universidade de Vigo. Departamento de Estatística e Investigación Operativa.

 

programa depende funcionalmente das Escolas Internacionais de Doutoramento das tres universidades participantes: USC, UDC e UVigo:


Máis información:

 


Acreditación do Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa

Cualquer estudante, egresado, PDI, PAS pode enviar comentarios relacionados con este programa a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Programa da visita virtual aquí.

Obxectivos e plan formativo

Os principais obxectivos que este Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa pretende alcanzar son:

  • Dotar ao noso alumnado dunha formación científico-técnica avanzada no ámbito da Estatística e a Investigación Operativa, que lles capacite para consolidar unha carreira no ámbito académico e profesional.
  • Familiarizar ao noso alumnado coas colaboracións inter e transdisciplinares, que lles permitan construír un amplo abanico de oportunidades laborais.
  • Capacitar ao noso alumnado no uso de ferramentas informáticas avanzadas, útiles para a resolución de problemas relativos á programación matemática, a optimización e a simulación estatística.

Órganos de goberno

Comisión Académica Doutoramento


Prof. Balbina Casas Méndez (Coordinadora da USC e coordinadora xeral)

Universidade de Santiago de Compostela
Prof. Balbina Casas Méndez 
Profa. Rosa Mª Crujeiras Casais
Prof. Julio González Díaz 
Prof. Alberto Rodríguez Casal

Universidade da Coruña
Prof. José Antonio Vilar Fernández (Coordinador da UDC)
Prof. Mario Francisco Fernández
Profa. Mª Amalia Jácome Pumar


Universidade de Vigo
Prof. Juan José Vidal Puga (Coordinador da UVigo)
Profa. Gloria Fiestras Janeiro (Secretaria da CAPD)
Prof. Javier Roca Pardiñas

Coordinación


Prof. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (Coordinadora xeral e coordinadora da Universidade de Santiago de Compostela)
Prof. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (Coordinador da Universidade de A Coruña)
Prof. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.(Coordinador da Universidade de Vigo)

Comisión Permanente
A Comisión Permanente está integrada polas persoas coordinadoras das tres universidades e a persoa que ocupa a secretaría da Comisión Académica do Programa de Doutoramento:
Prof. Balbina Casas Méndez (presidenta)
Prof. José Antonio Vilar Fernández
Prof. Juan José Vidal Puga
Profa. Gloria Fiestras Janeiro (secretaria)