OFERTA DE EMPREGO CITMAga-OT-20/2022: 1 contrato como investigador/a asociado/a para a realización de tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “CFD en problemas de enxeñería civil”.
 
 
DENOMINACIÓN: Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na  área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “CFD en problemas de enxeñería civil”.
 
 
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-20/2022.
 
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a asociado/a
 
TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “CFD en problemas de enxeñería civil”.
 
FUNCIÓNS A REALIZAR: modelización e simulación numérica de problemas de mecánica de fluídos en enxeñería civil.
 
CONVOCATORIA (ES/GAL) 
MÁIS INFORMACIÓN: 
  Web CITMAga: https://citmaga.gal/w/ot-20-2022
  Web ITMATI: http://www.itmati.com/citmaga-ot-20-2022
