Bolsas de introducción á Investigación (JAE Intro 2016) do CSIC

A Presidencia da Axencia Estatal do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), convoca 100 bolsas de Introducción á investigación e iniciación á carreira científica, co fin de dar a coñecer no ámbito universitario as posibilidades profesionais que ofrecen os

Institutos e Centros de investigación do CSIC nas diferentes áreas científicas.

As bolsas están destinadas para alumnos graduados ou licenciados que estean matriculados nun Máster universitario oficial no curso académico 2015-2016, ou que realizaran a inscripción ou pre-inscripción nun Máster universitario oficial para o curso 2016-2017.

A contía será de 2.000€, e as bolsas terán unha duración de 2 meses consecutivos: setembro-outubro ou outubro-novembro de 2016.

Máis Información e Resumo da Convocatoria.