Oferta de traballo: Contrato pos-doutoral

O grupo de investigación MODESTYA (Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións, http://eio.usc.es/pub/gi1914/index.php/gl) da Universidade de Santiago de Compostela ofrece un contrato pos-doutoral. A persoa candidata deberá desenvolver unha liña de investigación na área da Estatística e Investigación Operativa, preferiblemente orientada a fortalecer algunhas das liñas estratéxicas do grupo MODESTYA (estatística non paramétrica e semiparamétrica, análise de datos direccionais, datos funcionais, datos de alta dimensión, teoría de xogos, modelos da investigación operativa, técnicas de optimización) coa aportación de novos modelos e/ou métodos, o estudo das súas propiedades teóricas e o desenvolvemento de software con aplicación a distintos eidos (economía, biomedicina, saúde, enxeñaría, finanzas, enerxía, bioloxía ou medioambiente), incluíndo a colaboración en actividades de transferencia co ITMATI.
Requisitos:
- Doutoramento en Estatística, Teoría de Xogos, Investigación Operativa ou ámbitos relacionados.

Criterios de valoración:
- Outros méritos relacionados coas tarefas a desenvolver.
- Experiencia investigadora acreditada (publicacións en revistas da área).
- Capacidade de abordar novas liñas de investigación.
- Coñecementos de programación avanzada e manexo de software estatístico ou de investigación operativa.
- Cartas de recomendación.
- Entrevista persoal (os 5 mellores candidatos).

Descrición do traballo:
- Salario bruto: 2027,50 euros/mes.
- Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana.
- Duración do contrato: 31 meses.
- Centro de traballo: Facultade de Matemáticas. Campus Vida (Santiago de Compostela).

Presentación de solicitudes e prazo:
- As solicitudes serán presentadas nos Rexistros Xerais da USC, sitos no Colexio San Xerome, Praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela, nos Servizos Centrais do Campus de Lugo, Edificio Biblioteca Intercentros, 27002 Lugo, no Rexistro da Oficina de Investigación e Tecnoloxía, edificio Cactus, Campus Vida, 15782, Santiago de Compostela ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Prazo: ata as 14 horas do 18 de marzo de 2018.

Entrevistas persoais e resolución:
- As persoas preseleccionadas serán convocadas a unha entrevista persoal.
- Data estimada de resolución para a provisión da praza: 20 de abril de 2018.
- Data prevista de inicio do contrato: 30 de abril de 2018.
- Máis información http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-128-129&id=3266&t=9&st=0
- Para calquera outra cuestión, poden contactar con Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Documento coa información