Accésit en Ciencias Básicas nos “Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC”.

Hamza Al-Shdaifat e Rosana Rodríguez, Accésit en Ciencias Básicas nos Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC.
O seu traballo foi sobre "a utilidade das matemáticas para resolver problemas complexos en física e enxeñaría".
A súa proposta, de carácter teórico, versa sobre novidosos conceptos de integrais e derivadas de utilidade para resolver problemas complexos en física e enxeñaría, a través do modelado de fenómenos que presentan unha dinámica non estándar como é o caso dos procesos "con memoria". Entre as posibles aplicacións do seu achado, destaca a modelización matemática ou computacional de fenómenos onde é preciso incorporar a historia do proceso.